ISONOR ESTARA PRESENTE EN EL ACTO DE RECONOCIMIENTO “Q” DE CALIDADE TURISTICA GALICIA 2011

EXCELENTIA - GRUPO ISONOR 16-01-2012

 

GRUPO ISONOR, como consultora en sistemas de xestión que implantou a Q de Calidade en numerosas empresas e organizacions do sector turístico, estará presente no acto que organiza a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e a Delegación Territorial ICTE en Galicia,  fará un Acto de Recoñecemento Q de Calidade Turística Galicia 2011 ás entidades certificadas /renovadas côa antedita marca de calidade, que terá lugar o próximo día 31 de xaneiro de 2012 ás 11:30 horas no Hotel Balneario Augas Santas (Os Baños, s/n. Pantón - Lugo). 

O Acto estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo. 

O obxectivo do acto é dar un maior recoñecemento e visibilidade do sector turístico, tanto público como privado, a celebración deste acto na nosa Comunidade Autónoma, provocará unha importante concentración de todos os axentes do sector turístico, así como de medios de comunicación, redundará nunha maior difusión das empresas certificadas coa Marca "Q" en Galicia.