Na procura da Rede ideal

O CPETIG lembra no Día da Internet Segura que a información privada exposta en liña non cesa de medrar

A do pasado martes 10 de febreiro foi unha xornada para reflexionar sobre como queremos que sexa a Sociedade da Información: un sitio libre, si, onde a comunicación o coñecemento estean dispoñíbeis e ao alcance de todas e todos, pero onde o que queiramos protexer sexa tamén protexido, comezando polos menores de idade.